Visita ao Aquarium Finisterrae

A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias organiza o sábado 11 unha visita ao Aquarium Finisterrae, que está ubicado no Paseo Marítimo Alcalde Francisco Vázquez, 34, na Coruña.

O programa do día é o seguinte:

11:20 Reunirémonos no exterior da entrada ao Aquarium. https://goo.gl/maps/CDF1NbjykZT1W4ha7

11.30 Visita ás áreas técnicas do Aquarium, guiados polo director Francisco Armesto (técnico-biólogo)

13.00 Fin da visita.

Para inscribirte, chama ou envía unha mensaxe a Manuela Méndez ao 606 281 744, indicando datos dos asistentes e teléfono de contacto.

A actividade é para socios maiores de 16 anos e deberá presentarse o carnet de socio e o DNI ao entrar.

O Aquarium abre as súas portas ás 10, lembrade que tedes aa entrada gratuita presentando o carnet de socio.

Vémonos á entrada ás 11:20.

Se queres máis información sobre algún destes eventos non dubides en poñerte en contacto con nós
Coa colaboración de:
Asociación de Amigos
da Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarita s/n
15005 A Coruña
Telf. 981 189 846
Máis información
Súmate ao noso boletín de novidades e mantente ao día das actividades que organizamos
Subscribirme
Política de privacidade