Día da Ciencia na Rúa

Romería científica no parque de Santa Margarita

Desde 1996 esta iniciativa celébrase de forma ininterrompida, con centros escolares de toda Galicia como protagonistas na tarefa de achegar coñecementos e procedementos científicos aos cidadáns; e propoñendo e presentando ao público o seu propio programa de actividades e experimentos. O Día da Ciencia na Rúa está aberto tamén a centros e institucións que desexen presentar o seu traballo aos cidadáns. Todo iso está aderezado con outras actividades paralelas que dan maior realce e luminosidade ao evento.

O XXVIII Día da Ciencia na Rúa terá lugar o sábado 4 de maio de 2024 de 11.00 h a 19.00 h no parque de Santa Margarita. Consulta toda a información aquí.

Se queres máis información sobre algún destes eventos non dubides en poñerte en contacto con nós
Coa colaboración de:
Asociación de Amigos
da Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarita s/n
15005 A Coruña
Telf. 981 189 846
Máis información
Súmate ao noso boletín de novidades e mantente ao día das actividades que organizamos
Subscribirme
Política de privacidade