A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias (AACC) naceu o 13 de xullo de 1993 co obxectivo de apoiar as actividades desenvolvidas polo primeiro dos museos científicos da cidade e colaborar na potenciación de todas as formas de divulgación, popularización e educación científica.
Na actualidade, a AACC está aberta a todas as persoas, institucións, empresas e organizacións interesadas na divulgación da ciencia e na promoción dos Museos Científicos Coruñeses (Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae) e o Muncyt (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía).
Xunta Directiva
Presidente
Julio Casal González
Vicepresidente
Francisco Ángel Rodríguez- Gigirey Pérez
Secretario
Antonio Prunell Tudurí
Tesoureiro
Manuel López Mirón
Vogais
Carlos Franco Aradas
Bibiana García Visos
Manuela Méndez Baneiro
Juan Rico Caínzos
María Viña Rebolledo
Francisco Javier Novelle Secades
2006 – 2020
Enrique Montero Vila
2003 – 2006
Ángel Monteoliva Ramos
1998 – 2003
Manuel Toharia Cortés
1993 – 1998