A Casa das Ciencias invita a unha sesión especial de planetario gratis ás persoas membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias para mostrar as novas posibilidades do planetario dixital, que estrearon a finais do ano pasado. Será unha sesión en directo de arredor dunha hora de duración pensada para un público maior de seis anos.
Hora: 19:15
Onde: planetario da Casa das Ciencias
Duración: unha hora
Espazo: 79 prazas
Para asistir hai que chamar a Manuela Méndez ao 606 281 744. As prazas asignaranse por orde de chamada. En caso de encherse o espazo, organizaremos máis adiante outra sesión para os que non poidan asistir a esta. A sesión empezará puntual ás 19:30 h, e unha vez que empece non é posible acceder ao planetario.