Saída micolóxica a Sobrado dos Monxes

O sábado 11 de novembro faremos unha saída á zona de Sobrado dos Monxes para recoller exemplares de cogumelos e logo clasificalos; contaremos unha vez máis coa inestimable colaboración de Carlos Franco Aradas, que compartirá con nós os seus amplios coñecementos sobre a materia.

Programa do día

10.30 h. Lugar de encontro “Cafetería Plaza” de Sobrado dos Monxes. https://goo.gl/maps/LUojZaSMxkNa6c8y8

13.00 h. Reunión dos participantes. Poremos en común a experiencia e os cogumelos atopados.

14.00 h. Finalizamos a actividade.

Requerimentos

É aconsellable levar roupa cómoda, calzado para andar polo monte e chuvasqueiro ou paraugas en caso de choiva. Un bastón pode ser de axuda na búsqueda de cogumelos.

Como apuntarse

Inscrición cubrindo o seguinte formulario. https://forms.gle/xwoBDzVrcrLki8XJ7

É unha actividade gratuíta e para todas as persoas socias; estará orientada a familias con cativada de todas as idades.

Gustaríanos contar co voso interese e, sobre todo, coa vosa participación.

Se queres máis información sobre algún destes eventos non dubides en poñerte en contacto con nós
Coa colaboración de:
Asociación de Amigos
da Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarita s/n
15005 A Coruña
Telf. 981 189 846
Máis información
Súmate ao noso boletín de novidades e mantente ao día das actividades que organizamos
Subscribirme
Política de privacidade