A exposición é unha retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración.
Este verán volven ao Aquarium Finisterrae as mellores instantáneas do mundo natural na exposición ‘Fotógrafos da natureza 2025’.
O Aquarium estrea ‘Antropoceno’, unha colección de fotografías de Fernando Moleres sobre o impacto da actividade humana no medio ambiente.
O Aquarium Finisterrae presenta a exposición ‘Unha historia de pingüíns’, formada por 15 imaxes destas aves antárticas tomadas por Sergey Antonenko, un fotógrafo ucraíno actualmente residente na Coruña.
O exterior da Casa das Ciencias acolle unha mostra, composta por dous cubos de gran tamaño con información, imaxes e infografías que expoñen cuestións científicas, culturais e sociais relacionadas coas eclipses.
A Casa das Ciencias acolle unha mostra colectiva de historietas de cómic que abordan diferentes perspectivas das eclipses dentro do festival Viñetas desde o Atlántico.


