Con motivo da eclipse de sol que terá lugar o 12 de agosto de 2026, Martin Pawley fará un repaso por unha pequena colección de películas nas que está presente a ocultación do Sol pola Lúa.
O profesor de física Moisés López Caeiro, embaixador ACEAP e membro da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, descubriranos o universo desde Atacama nesta charla que terá lugar o xoves 15 de xaneiro no Planetario da Casa das Ciencias.
O matemático, astrofísico e investigador no Centro de Investigación en Tecnologías de la Información y las Comunicaciones (CITIC) da UDC, Xabier Pérez Couto, imparte unha charla-obradoiro sobre a eclipse no Muncyt.
O Planetario acolle esta charla a cargo de Alejandro Cardesín, responsable de misións espaciais da ESA, na que invitará a realizar unha viaxe polo sistema solar para coñecer como suceden as eclipses noutros planetas
Conferencia sobre a oportunidade única de ver unha eclipse total de Sol desde gran parte de Galicia e a península ibérica, a cargo de Óscar Blanco, presidente da Agrupación Astronómica Ío, director do Centro Astronómico Trevinca e astrofotógrafo.
Charla divulgativa a cargo do astrofísico Borja Tosar na Fundación Luis Seoane sobre a eclipse total de Sol que poderá vivirse en Galicia en 2026, un fenómeno astronómico excepcional pola súa beleza e rareza.


