Visitas ao Castro de Elviña e San Antón en marzo

Desde a asociación propoñémosvos dúas visitas moi relacionadas entre si, a primeira ao Castro de Elviña e a segunda ao Castelo de San Antón e ao seu Museo Arqueolóxico e Histórico, onde se exhiben pezas atopadas nas excavacións do Castro de Elviña.

CASTRO DE ELVIÑA
Sábado 15 de marzo
Poblado protohistórico que estivo habitado entre o século III a.C. e o século IV d.C.
Aparcamento: É recomendable deixar os coches no campus, a tan só 5 min a pé.
Acceso: Desde a vía que comunica o Campus Universitario de Elviña co Campus Universitario da Zapateira. Enlace aquí. Recoméndase calzado cómodo e que non esvare.
11.20h Punto de encontro na entrada do castro
11:30h Comeza a visita guiada. Unha vez iniciado o percorrido ninguén se poderá incorporar ao grupo xa que o recinto permanecerá pechado. Rógase puntualidade.
13:00h Remata a visita. (A hora é aproximada)

CASTELO DE SAN ANTÓN E MUSEO ARQUEOLÓXICO E HISTÓRICO
Sábado 22 de marzo
Antigua fortificación construída para a defensa da cidade da Coruña, sitúase na coñecida como “Illa da Pena Grande”. No 1960 o Ministerio do Exército cedeu o edificio ao Concello da Coruña, que crea o Museo Arqueolóxico e Histórico da cidade, que abre as súas portas ao público no 1968.
11.20h Punto de encontro na entrada do castelo
11:30h Comeza a visita guiada.
12:45h Remata a visita. (A hora é aproximada).

Inscrición: mediante chamada ou mensaxe ao teléfono 606 281 744, indicando nome ou nomes dos asistentes ás actividades e un teléfono de contacto.

Gustaríanos contar co voso interese e, sobre todo, coa vosa participación.

Se queres máis información sobre algún destes eventos non dubides en poñerte en contacto con nós
Coa colaboración de:
Asociación de Amigos
da Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarita s/n
15005 A Coruña
Telf. 981 189 846
Máis información
Súmate ao noso boletín de novidades e mantente ao día das actividades que organizamos
Subscribirme
Política de privacidade