A exposición “SSSZZZIÚUU (A MELODÍA DAS BUXAINAS)” é a culminación do proxecto “Ssszzziúuu”, que naceu do libro homónimo publicado no ano 2022, e do que son autores Lestonnac Ibáñez (fotógrafa) e Luís Ramas (profesor e coleccionista de
buxainas).
¡Ssszzziúuu! É a expresión máis auténtica e natural dunha buxaina, é ese son a medio camiño entre o zumbido, o asubío e o murmurio que escoitaremos cando unha buxaina sae da nosa man, atravesando o aire, xusto antes de poñerse a bailar. Ese será o presaxio de que algo grande e fermoso vai pasar. Porque cando unha buxaina baila, tamén o fan a fantasía, a imaxinación e a creatividade de quen a lanzou. Esta mostra é unha invitación non só ó coñecemento deste xogo popular e tradicional, senón tamén á revitalización do mesmo e das emocións e sentimentos que provoca. “A buxaina é o movemento que lanza a imaxinación á conquista do Universo” (Xabier P. DoCampo)
10.50h Punto de encontro na entrada da Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga. (R/ Durán Loriga 10),
11:00h Comeza a visita guiada da man de Luis Ramas, na que poderemos contemplar:
• 600 buxainas, perinolas, trompas e distintos obxetos que xiran.
• 8 paneis informativos sobre o xogo da buxaina e a súa presencia na pintura, na literatura, na publicidade, no cinema etc…
• 52 fotografías artísticas de buxainas.
• Xogos xiroscópicos.
• Demostración de Levitrón: A buxaina que voa.
• Exhibición de Buxainas acrobáticas a cargo do Campeón mexicano Omar Pule.
• Gran Tirada de buxainas.
13:30h Finaliza a visita e as exhibicións (a hora é aproximada).
Inscripción mediante chamada ou mensaxe ó teléfono 606 281 744, indicando nome ou nomes dos asistentes e un teléfono de contacto.
Agardando contar coa túa presenza, recibe un cordial saúdo xiroscópico.