Termaria Casa del Agua foi o primeiro centro de talasoterapia con auga de mar na Coruña e o máis grande de Galicia. As súas instalacións contan con máis de 48.500 m2. Inaugurado no 2007, foi un dos centros de ocio acuático máis grandes de Europa e unha das infraestruturas máis importantes no ámbito cultural, lúdico e comercial da Comunidade. O sábado, 4 de outubro, visitaremos a súa parte máis oculta.
10.20h Punto de encontro na planta baixa da Casa da Auga, entrada pincipal.
10:30h Comeza a visita guiada da man do xefe de instalacións e medio ambiente.
Veremos:
• Instalacións: salas de fitness, piscinas, talasos, zonas comúns e tratamentos.
• Producións: produción de frío e de calor cos sus primarios.
• Sala de máquinas: filtracións, bombas, vasos de compensación, desinfección…
12:30h A duración da visita será entre 1,5h y 2h.
Inscrición mediante chamada ou mensaxe ao teléfono 606 281 744, indicando nome ou nomes dos asistentes á actividade e un teléfono de contacto.
Gustaríanos contar co voso interese e, sobre todo, coa vosa participación.


