Visita guiada á exposición ‘Viñetas desde o Atlántico 2024’

A mañá do sábado 14 de decembro realizaremos unha visita na Sala Municipal de Exposicións Kiosco Alfonso, situada nos Xardíns de Méndez Núñez.

A exposición “Viñetas desde o Atlántico 2024” presenta as obras de Lucas Varela, que é deseñador gráfico, infografista, ilustrador, artista plástico e historietista; Marcello Quintanilha, que combina a ilustración con profundas reflexións sociais, sendo un dos historietistas máis recoñecidos e premiados de Brasil; e Kundo Krunch, historietista e ilustrador cun estilo moi particular e persoal.

Durante o noso percorrido contaremos coa presenza dun guía especializado, Tonecho Otero, que nos dará información valiosa sobre as obras e os artistas.

11:50h Punto de encontro diante do Kiosco Alfonso (preme aquí para ver a ubicación)

12:00h Inicio da visita guiada

Inscribirse chamando ou mandando unha mensaxe ao teléfono 606 281 744, indicando nome ou nomes dos asistentes á actividade e un teléfono de contacto.

Se queres máis información sobre algún destes eventos non dubides en poñerte en contacto con nós
Coa colaboración de:
Asociación de Amigos
da Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarita s/n
15005 A Coruña
Telf. 981 189 846
Máis información
Súmate ao noso boletín de novidades e mantente ao día das actividades que organizamos
Subscribirme
Política de privacidade