Visita ao Museo Didáctico de Telecomunicaciones

A Asociación de Amigos de Casa de las Ciencias organiza dúas visitas ao “Museo Didáctico de Telecomunicaciones”, o
sábado 14 e o sábado 21, que está ubicado na rúa Antonio Ríos número 31 na Coruña.

O programa do día é o seguinte para ambas datas:

10.50 Reunímonos á entrada do museo.

11.00 Visita didáctica guiada por parte dun dos fundadores que se encargará de facernos comprender os misterios das telecomunicacións, de levarnos paso a paso a través da historia, interactuando con
equipos que funcionan en idénticas condicións que o fixeron nunha época onde estes eran a
innovación.

13.00 Fin da visita.

Temos 12 prazas para cada data. Para a inscrición, chama ou envía unha mensaxe a Manuela Méndez ao 606 281 744, indicando datos dos asistentes, data de asistencia e teléfono de contacto.

A actividade está aberta a todos os públicos e terán preferencia os socios.

Se queres máis información sobre algún destes eventos non dubides en poñerte en contacto con nós
Coa colaboración de:
Asociación de Amigos
da Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarita s/n
15005 A Coruña
Telf. 981 189 846
Máis información
Súmate ao noso boletín de novidades e mantente ao día das actividades que organizamos
Subscribirme
Política de privacidade