Visita ao Muncyt

O mércores 18 de maio celébrase, como cada ano, o Día Internacional dos Museos; ademáis, neste 2022, o MUNCYT celebra os dez anos da súa inauguración. Propoñémosvos unha visita moi especial, guiada polo que era o seu director naquel momento, Moncho Núñez.

O propósito desta actividade é coñecer de primeira man curiosidades do museo e como este e a cidade influíronse mutuamente nestos 10 anos.

É unha actividade gratuíta, pensada para todos os públicos; as 25 prazas dispoñibles cubriranse por orde de inscrición no formulario.

O programa é o seguinte:

  • Hora inicio: 12:00 h
  • Lugar de encontro. Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, MUNCYT. Praza do Museo Nacional de Ciencia, 1 – A Coruña (https://goo.gl/maps/SqFUMRojyRtAP4Jj8)
  • Duración estimada: 1 hora

Como apuntarse

É necesario inscribirse neste formulario que estará dispoñible desde o xoves 12 ás 10.00 horas para os asociados.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScQ5233xlcC03ZUsOvojEP4PphmbxSFpeifWpdNjRo0XV04dg/viewform

Temos 25 plazas que se cubrirán por orde de inscrición no formulario. Se contas con praza, entre o venres 13 e o luns 16 recibirás un correo electrónico de confirmación. Os días 16 e 17 seguirá aberta para todo o público, sexan ou non asociados.

Se queres máis información sobre algún destes eventos non dubides en poñerte en contacto con nós
Coa colaboración de:
Asociación de Amigos
da Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarita s/n
15005 A Coruña
Telf. 981 189 846
Máis información
Súmate ao noso boletín de novidades e mantente ao día das actividades que organizamos
Subscribirme
Política de privacidade