Visita ao FatLab da ETSAC

O Laboratorio de Fabricación Dixital da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña forma parte da MIT FABLAB Global Network. Nesta visita acompañaranos o profesor e coordinador José Antonio Vázquez Rodríguez quen mostrará as súas instalacións e daranos unha breve explicación do seu funcionamento e métodos de traballo.

Activos dende 2014, no ano 2024 integrouse na rede internacional de FabLabs, unha rede global estruturada dende o Center for Bits & Atoms do MIT. Dende ese momento, creceu tanto en equipamento como na formación de estudantes e profesores das escolas técnicas da Universidade da Coruña. Imparten cursos de deseño paramétrico e fabricación dixital, e tamén participan na docencia de diversas materias dos programas de grao en Arquitectura. Estas materias abarcan áreas como Expresión Gráfica, Composición, Urbanismo, Proxectos de Deseño, Construción e Estruturas Arquitectónicas. Ademáis, colaboran estreitamente cos programas de máster da Universidad en Arquitectura, Rehabilitación Arquitectónica e no Máster BIM, un programa especializado que se imparte na Escola Técnica de Arquitectura. Tamén realizan colaboracións en investigación yeparticipación en eventos.

10.50h Punto de encontro na cafetería da planta baixa, (43°19’39.2”N 8°24’33.0″W) pódese acceder dende o exterior na parte traseira do edificio

11:00h Comeza a visita guiada con Pepe Vázquez

13:00h Finaliza a visita. (A hora é aproximada)

Inscrición mediante mensaxe ou whatsaap ao teléfono 606 281 744, indicando nome ou nomes dos asistentes ás actividades e un teléfono de contacto. Gustaríanos contar co voso interese e, sobre todo, coa vosa participación.

Se queres máis información sobre algún destes eventos non dubides en poñerte en contacto con nós
Coa colaboración de:
Asociación de Amigos
da Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarita s/n
15005 A Coruña
Telf. 981 189 846
Máis información
Súmate ao noso boletín de novidades e mantente ao día das actividades que organizamos
Subscribirme
Política de privacidade