O martes 23 de maio de 2023 visitaremos o Centro Oceanográfico da Coruña, fundado en 1968 e un dos nove Centros Oceanográficos do IEO. Está dotado cun moderno material oceanográfico e ubicado no Paseo do Alcalde Francisco Vázquez número 10. A visita terá unha duración de hora e media aproximadamente.
O programa do día é o seguinte:
15.20 Reunímonos na entrada.
15:30 Escoitaremos 3 charlas sobre 3 temas diferentes
➡Na primera explicarannos como fan os muestreos de PESCA para obter datos nos que basean a evaluación dos recursos e a elaboración de normativas pesqueiras. Veremos como se toman medidas de talla, peso, sexo….dos peixes e como se extraen os otolitos para coñecer a idade do peixe.
➡ Na segunda explicarannos que é o PLANCTON e a súa importancia no medio mariño como base das cadeas tróficas. Poderemos ver mostras de fitoplancton e zooplancton nos microscopios.
➡Na terceira darannos unha explicación sobre FÍSICA oceanográfica, como as correntes afectan á vida mariña. Mediante unhas maquetas explicarannos como se xeran os afloramentos que son a causa da riqueza das nosas rías galegas.
Para a inscrición, chama ou envía unha mensaxe a Manuela Méndez ao 606 281 744.
Gustaríanos contar co voso interese e, sobre todo, coa vosa participación.