A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias organiza unha visita ao Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo, ubicado no Dique de Abrigo Barrié da Maza na Coruña, o día 3 de marzo.
O programa do día é o seguinte:
10.50 Reunión ao pé da torre.
11.00 Visita guiada polo Xefe de Centro que se encargará de mostrar e explicar o labor tan
importante que alí se leva a cabo.
12.00 Fin da visita.
Para inscribirse, é necesario chamar ou enviar unha mensaxe a Manuela Méndez, ao teléfono 606 281 744, indicando datos dos asistentes e teléfono de contacto.
A actividade está aberta a todos os públicos e terán preferencia os socios.