Visita á Torre de Hércules

A Torre de Hércules é o único faro en funcionamento dende as súas orixes na época romana ata a actualidade. Foi declarado patrimonio da humanidade pola UNESCO no ano 2009. Pasamos a carón dela case a diario, pero cando foi a última vez que entraches? Propoñémosche unha visita guiada para redescubrir a Torre de Hércules. Unha oportunidade ideal para contemplar o noso faro desde outra perspectiva, descubrir anécdotas que non che contaran e gozar das mellores vistas da nosa costa.

11.45h Reunirémonos na base da Torre de Hércules.
Comezaremos a visita guiada por Marina pola zona das excavacións arqueolóxicas realizadas nos anos 90 que puxeron o descuberto os cimentos romanos do faro e dende alí accederemos ao interior da torre donde nos irán respondendo as preguntas segúndo as nosas inquietudes.
13.00h Visitaremos o CIAV (centro de interpretación e de atención de visitantes).
13.30h Finaliza a visita.

• A puntualidade é moi importante. Ten en conta que a Torre funciona por quendas horarias fixas.
• Se ves en coche ten en conta que os sábados é dificil aparcar na contorna.
• En aplicación do Plan de Autoprotección, non se permite a saída á terraza con ventos de forza 6.
• Con ventos de forza 7 o monumento pecha completamente ao público. Neste último caso caso avisaremos, pero ten en conta que as alertas meteorolóxicas normalmente actívanse con poucaantelación.

Inscrición mediante mensaxe ou whatsapp ao teléfono 606 281 744,indicando nome ou nomes dos asistentes ás actividades e un teléfono de contacto.
Gustaríanos contar co voso interés e, sobre todo, coa vosa participación.

Se queres máis información sobre algún destes eventos non dubides en poñerte en contacto con nós
Coa colaboración de:
Asociación de Amigos
da Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarita s/n
15005 A Coruña
Telf. 981 189 846
Máis información
Súmate ao noso boletín de novidades e mantente ao día das actividades que organizamos
Subscribirme
Política de privacidade