Viaxe ao xacemento de Atapuerca

A Asociación da Casa das Ciencias proxecta realizar unha viaxe ao xacemento de Atapuerca, en Burgos, no mes de xuño. O grupo estará formado por un mínimo de 20 persoas e, para pechalo, necesitamos coñecer cantas persoas estarían interesadas en realizalo. Por iso, deberán comunicarnos o seu interese antes do vindeiro venres 3 de maio. Posteriormente realizarase a inscrición definitiva.

A viaxe realizarase os días 28, 29 e 30 de xuño de 2024. Estímase un prezo de 350 euros en habitación dobre e 450 en habitación individual. O aloxamento será no hotel Abba, en Burgos, en réxime de aloxamento e almorzo. O prezo inclúe a viaxe, as comidas de sábado e domingo e as entradas aos xacementos.

Programa da viaxe:

Venres 28: Saída ás 15.00 horas en autobús con destino a Burgos. Parada en ruta e chegada aproximada ao hotel ás 21.00 horas. Acomodación e cea libre.

Sábado 29: Almorzo no hotel e visita guiada á Cartuja de Miraflores. A continuación, viaxe a Ibeas de Juarros para iniciar a visita aos xacementos. Comida na zona e visita ao Centro de Arqueoloxía Experimental e ao Parque Arqueolóxico. Retorno a Burgos e cea libre.

Domingo 30: Almorzo no hotel e visita ao Museo da Evolución Humana. Finalizada a visita, volvemos a casa, parando para xantar en ruta. Chegaremos á Coruña sobre as 21.00 horas.

Agardamos que esta actividade sexa do voso interese.

Se queres máis información sobre algún destes eventos non dubides en poñerte en contacto con nós
Coa colaboración de:
Asociación de Amigos
da Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarita s/n
15005 A Coruña
Telf. 981 189 846
Máis información
Súmate ao noso boletín de novidades e mantente ao día das actividades que organizamos
Subscribirme
Política de privacidade