Viaxe ao románico da montaña palentina

A viaxe longa da AACC deste ano ten como obxectivo realizar unha ruta para coñecer o marabilloso románico da montaña palentina, considerado como a concentración de monumentos románicos máis importante de Europa.

Datas: 3, 4 e 5 de xullo
Capacidade: 20 – 25 persoas
Prezo en habitación dobre: 400 € socios e 450 € no socios
Prezo habitación individual: 450 € socios e 500 € no socios
Preinscrición e consultas:
juan.rico@gmail.com. A preinscrición debe facerse antes o 30 de abril.

O aloxamento será no hotel Marqués de Aguilar (***) en Aguilar de Campoo, en réxime de aloxamento e almorzo. O prezo inclúe a viaxe, as comidas de venres, sábado e domingo e as entradas a todas as visitas. Todas elas serán guiadas por expertos en arte románica.

Programa da viaxe

  • Venres 3: saída ás 9 horas en autobús desde o Aquarium Finisterrae con destino a Aguilar de Campoo. Parada en ruta, comida e chegada aproximada ao hotel ás 16 horas. Acomodación e visita guiada á Capilla de Santa Cecilia e ao Monasterio de Santa María la Real. A continuación cea libre.
  • Sábado 4: almorzo no hotel e comezo da ruta do románico. Dirixímonos a Cervatos, para visitar a Colegiata de San Pedro, e seguimos a Revilla de Santullán e a Villanueva de la Torre. Comida en San Salvador de Cantamuda. Finalizada a comida, comezan as visitas na Iglesia de San Salvador, partindo logo cara Perazancas de Ojeda, onde visitaremos a Iglesia de la Asunción e a Ermita de San Pelayo. Retorno a Aguilar de Campoo. Cea libre.
  • Domingo 5: almorzo no hotel e partida cara a Valdehuesa, para facer unha visita guiada ao Museo de la Fauna Salvaje. Finalizada a visita, comida en Valdevimbre e, despois de comer, reemprendemos o camiño de volta. Tras unha parada técnica, chegada ao Aquarium Finisterrae ao redor das 20 horas.
Se queres máis información sobre algún destes eventos non dubides en poñerte en contacto con nós
Coa colaboración de:
Asociación de Amigos
da Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarita s/n
15005 A Coruña
Telf. 981 189 846
Máis información
Súmate ao noso boletín de novidades e mantente ao día das actividades que organizamos
Subscribirme
Política de privacidade