Viaxe a Zamora e Toro

Dentro da actividade denominada VIAXE LONGO, programado sempre no mes de xuño, este ano imos a Zamora e Toro os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo de 2023, co seguinte programa:

Venres día 30 de xuño:

15.00. Saída desde do aparcadoiro do Aquarium Finisterrae

20.00. Chegada a Zamora e reparto de habitacións no Hotel NH Zamora (Palacio del Duero, 4). Cea libre.

23.00. Paseo nocturno por Zamora, co seguinte percorrido guiado: ponte de pedra, praza de Santa Lucía, rúa Balorraz, praza de Sagasta, praza de Zorrilla, praza Maior, praza de Viriato, rúa dos Francos, mirador do Troncoso, Catedral e Castelo.

24.00. Volta ao hotel e descanso.

Sábado día 1 de xullo:

09.00. Almorzo

09.30. Poñémonos en marcha para facer o seguinte percorrido guiado: Aceñas de Olivares, igrexa de San Claudio de Olivares, porta do Bispo, Casa do Cid, Catedral e Museo Catedralicio, Castelo, Portillo da Lealtade, Mirador do Troncoso, igrexa de San Ildefonso, igrexia da Magdalena e praza de Viriato.

14.30. Xantar no restaurante El Horno.

16.30. Continuamos coa visita guiada: igrexa de Santa María la Nueva, praza Maior, igrexa de San Xoan, rúa de Santa Clara, praza do Mercado, para coñecer algo do Modernismo, e igrexa de Santiago el Burgo.

20.00. Finalizamos o percorrido e volta ao hotel. Cea libre.

Domingo día 2 de xullo:

08.30. Almorzo e saída para Toro.

10.00. Estamos en Toro, e iniciamos o percorrido guiado: praza de San Agustín, Alcázar, Colexiata, praza Maior.

11.00. Visita ao Museo do Queixo.

12.15. Volvemos para Toro para continuar coa visita: igrexa de Santo Lorenzo el Real, Arco do Reloxo, Igrexa de San Sebastián de los Caballeros, praza de Santa Marina, Patios do Palacio dos Condes de Requena, etc..

14.00 Xantar na Bodega Divina Proporción.

17.00. Voltamos para A Coruña.

21.00 Chegada aproximada.

Temos 25 prazas. O coste individual da viaxe é de 300 € para os socios en habitación dobre e 400 € en habitación individual. Para os non socios son 350 € en habitación dobre e 450 € en habitación individual. Antes de ingresar os cartos e preciso chamar a Juan Rico (tlf. 618029469) para saber se hai prazas libres e, a ser posible, facer una preinscrición antes do 1 de xuño para así ter unha referencia dos posibles asistentes.

A conta de ingreso é (IBAN): ES77 2080 0099 3230 4000 6699, «Asociación de Amigos da Casa das Ciencias», indicando «Viaxe a Zamora», nome o nomes dos asistentes á viaxe, un teléfono de contacto e comunicar o ingreso a Juan Rico ao teléfono 618029469.

Gustarianos contar co voso interese e participación.

Se queres máis información sobre algún destes eventos non dubides en poñerte en contacto con nós
Coa colaboración de:
Asociación de Amigos
da Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarita s/n
15005 A Coruña
Telf. 981 189 846
Máis información
Súmate ao noso boletín de novidades e mantente ao día das actividades que organizamos
Subscribirme
Política de privacidade