Saída a por cogomelos outono 2021

domingo 31 de outubro faremos unha saída á zona de Sobrado dos Monxes para recoller exemplares e logo clasificalos, gozando dunha xornada micolóxica única, aprendendo e respectando a contorna. É unha actividade pensada para público familiar con menores, polo que lles daremos prioridade; se finalmente quedan prazas libres, cubriranse co resto de solicitudes por orde de inscrición no formulario.

O programa do día é o seguinte:

  • Hora de inicio: 10.30 h
  • Lugar de encontro: Sobrado dos Monxes. Cafetería Plaza Sobrado
  • Duración estimada: ata ás 14.30 h

Requirimentos Calzado de sendeirismo e roupa impermeable. Cesta para cogomelos e navalla.

Como apuntarse É preciso inscribirse neste formulario que estará dispoñible a partir do día 22 de outubro ás 10.00 h para os asociados, e a partir do día 26 ás 10.00 h para todo o público, sexan ou non asociados, ata o venres 29. Tamén é necesario recibir un correo electrónico de confirmación para saber que contas con praza.

Temos 40 prazas que se cubrirán por orde de inscrición no formulario.

Se queres máis información sobre algún destes eventos non dubides en poñerte en contacto con nós
Coa colaboración de:
Asociación de Amigos
da Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarita s/n
15005 A Coruña
Telf. 981 189 846
Máis información
Súmate ao noso boletín de novidades e mantente ao día das actividades que organizamos
Subscribirme
Política de privacidade