Saída a Sobrado a buscar setas

O sábado 08 de novembro faremos unha saída á zona de Sobrado dos Monxes para recoller exemplares de setas e logo clasificalos. Contaremos unha vez máis coa inestimable colaboración de Carlos Franco, que compartirá con nós os seus amplos coñecementos sobre a materia.

10.30 h. Punto de encontro “Cafetería Plaza” de Sobrado dos Monxes.
13.00 h. Reunión dos participantes. Poremos en común a experiencia e as setas encontradas.
14.00 h. Rematamos a actividade (A hora é aproximada)

Requerimentos
É aconsellabe levar roupa cómoda, calzado para andar polo monte e chubasqueiro ou paraugas en caso de chuvia. Un bastón pode ser de axuda na búsqueda de setas.
Como apuntarse
Inscrición enviando unha mensaxe ou WhatsApp ao número 606 281 744, indicando nome ou nomes dos asistentes á actividade e un teléfono de contacto.

É unha actividade gratis para todos os socios e socias, orientada a familias con nenos e nenas de todas as idades.

Gustarianos contar co voso interese e, sobre todo, coa vosa participación.

Se queres máis información sobre algún destes eventos non dubides en poñerte en contacto con nós
Coa colaboración de:
Asociación de Amigos
da Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarita s/n
15005 A Coruña
Telf. 981 189 846
Máis información
Súmate ao noso boletín de novidades e mantente ao día das actividades que organizamos
Subscribirme
Política de privacidade