O domingo 6 de novembro faremos unha saída á zona de Sobrado dos Monxes para recoller exemplares e logo clasificalos, desfrutando dunha xornada micolóxica única, aprendendo e respetando o entorno.
É unha actividade pensada para público familiar con menores, polo que lles daremos prioridade; si finalmente quedan prazas libres, cubriranse co resto de solicitudes por orde de inscrición no formulario.
O programa do día é o seguinte:
Requerimentos
Calzado e roupa impermeable; paraugas; cesta para setas e navalla.
Como apuntarse
É necesario inscribirse neste formulario (dispoñible desde o xoves 3 ás 10.00 h)
https://forms.gle/gr9UjrnmyGCwbm3t9
Temos 40 prazas que se cubrirán por orde de inscrición no formulario. Se contas con praza recibirás un correo electrónico de confirmación. A partir do día 4, a inscripción seguirá aberta para todo o público, sexan ou non asociados, ata o sábado 5.
Adiantámosvos que o 20 de novembro está programada outra saída a por setas para público xeral, con explicacións máis extensas. Estade atentos á web e ás redes porque abriremos a inscrición en poucos días!