O sábado 25 de maio imos visitar Os Ancares, concretamente Piornedo no Concello de Cervantes. Desde alí realizaremos unha ruta ata o pico Mustallar (1924 m). O noso guía será, unha vez mais, Carlos Franco Aradas, que compartirá algúns dos seus innumerables coñecementos sobre a zona (o seu segundo fogar): flora, fauna, costumes… Non dubides en preguntarlle.
O programa é o seguinte:
10.30h Punto de encontro no párking do Hotel Piornedo
10:40h Comeza o percorrido
Distancia aproximada: 13 Km.
Duración aproximada: 6 horas.
Dificultade: Baixa – Moi Alta (segundo o tramo).
14:30h Parada para xantar. Trae a túa comida e bebida.
18:30h Rematado o percorrido visitaremos unha palloza típica do lugar.
Recomendacións:
• É aconsellable levar roupa e calzado axeitados para andar pola montaña.
• É aconsellable deixar o coche nas inmediacións do Hotel Piornedo
• Faremos unha parada para xantar durante a ruta, trae comida e bebida.
Para a inscrición, chama ou manda unha mensaxe a Manuela Méndez ao teléfono 606 281 744, indicando nome ou nomes dos asistentes á actividade e un teléfono de contacto.