O sábado 10 de xuño de 2023 realizaremos unha ruta circular nas Fragas do Eume, guiada por Carlos Franco Aradas, técnico do parque natural.
As Fragas do Eume, que se extende por un abrupto val de profundas gargantas, presumen de ser o bosque atlántico costeiro mellor conservado de Europa e un dos escasísimos bosques do seu tipo no continente. Abarca 9.125 hectáreas, sendo declarado Parque Natural, o quinto de Galicia, o 12 de agosto de 1997. En extensión, é o segundo maior dos parques naturais despois do Xurés (Ourense), de case 30.000 hectáreas.
Na zona alta do parque, Carlos creou, mediante a combinación de dous sendeiros (o de Cerqueiro e o dos Corzos) unha magnífica ruta duns 7 km que pasa polo “Mirador de Carboeira.”
Programa do día
10:30. Lugar de encontro: “Taberna Rebordelo” en Rebordelo, Monfero. Esta taberna atópase frente á “Casa do Concello de Monfero”. https://goo.gl/maps/8FYG8NrPC5ZcRXXS7
11:00. Desplazaremos 5 km os coches que deixarémolos a pé de pista. Pasearemos durante 7 km por sendeiros agrestes e paisaxes inigualables, mentres Carlos falaranos sobre o funcionamiento e xestión do parque natural e explicaranos curiosidades da fauna e flora do parque.
14.00. Finaliza a ruta no punto de partida.
Recoméndase levar auga, calzado antideslizante e roupa axeitada para o monte e a choiva.
Para inscribirte chama ou envía unha mensaxe a Manuela Méndez al 606 281 744.
Gustaríanos contar co voso interese e, sobre todo, coa vosa participación.