O sábado 12 de outubro continuamos coñecendo As Fragas do Eume da man de Carlos Franco Aradas, técnico deste Parque Natural. Realizaremos unha ruta circular de 9 km de distancia e dificultade baixa. Trátase da ruta “A Ventureira” á que Carlos engadiulle un tramo corto moi interesante.
O programa do día:
10.00h Punto de encontro: Taberna Feal, desde aquí desplazarémonos cos coches, todos xuntos, ata o inicio da ruta.
10:30h Comeza o percorrido
Distancia aproximada: 9 Km.
Duración aproximada: 3 horas.
Dificultade: Baixa.
14:00h Finaliza o percorrido.
14:30h Dirixímonos ao Restaurante O Pazo, nas Neves, Concello da Capela onde xantaremos (os que o solicitaran antes do sábado 5 de outubro).
16:00h Visita ao Museo Etnográfico da Capela, no Concello da Capela
Direccións:
Taberna Feal: Lugar Lavandeira, 9, 15612 Cabanas, A Coruña. Coordenadas: 43°26’26″N 8°06’24″W
Mesón O Pazo: Lugar Pazo, 12, 15613 As Neves, A Coruña. Coordenadas: 43°25’37”N 8°03’55″W
Museo Etnográfico da Capela: Lugar O Pazo, s/n, 15613, A Coruña. Coordenadas: 43°25’33″N 8°04’00″W
Inscrición: Chama ou manda unha mensaxe a Manuela Méndez ao teléfono 606 281 744, indicando nome ou nomes dos asistentes á actividade e un teléfono de contacto, indica tamén se ides xantar co grupo.
Recomendacións:
• É aconsellable levar roupa e calzado axeitados para andar polo monte con choiva.
• Leva auga e algo de comer para a ruta, faranse paradas curtas explicativas durante o percorrido.
• Se queres quedar xantar co grupo, avisa antes do 5 de outubro.
Algúns datos de interese:
O itinerario circular discorre emboscado polo máis profundo do canón a ambas marxes do río Eume. Pasa pola minicentral do Parrote e remata na ponte de Santa Cristina en Caaveiro. O camiño de regreso faise por unha pista forestal a media ladeira, desde a que se ven unhas boas panorámicas do Monasterio de Caaveiro entre a densa vexetación das fragas.
O río Eume labra no seu curso final un gran canón envolto en brumas que garda un extraordinario tesouro botánico.
Recoñeceremos algunha das 28 especies de fentos que persisten desde o período xeolóxico Terciario (despois de que os últimos dinosaurios se extinguisen) agochados baixo a sombra de carballos, castiñeiros, bidueiros e amieiros.
Identificaremos algunha das más de cen especies de aves e corenta de mamíferos que conviven con peixes como a troita ou o reo, ou especies endémicas de invertebrados e reptís difíciles de atopar noutros lugares, como a ra ibérica ou a salamandra rabilarga.
A pegada humana no Parque presente en restos prehistóricos, nos monumentos da época medieval como o monasterios de Caaveiro ou en elementos etnográficos como as “curripas” demostran o uso e aproveitamento destes montes ata o século XX.
Gustaríanos contar co voso interese e, sobre todo, coa vosa participación.