Preinscrición viaxe a Asturias

A Asociación proxecta realizar unha viaxe ás covas de El Soplao e Tito Bustillo, en Asturias. O grupo estará formado por entre 20 e 25 persoas e precisamos coñecer cantas persoas estarían interesadas en realizar esta viaxe.  Deberán comunicarnos o seu interese antes do vindeiro venres, 23 de maio por medio do correo electrónico juan.rico@gmail.com. Posteriormente realizarase a inscrición definitiva.

A viaxe realizarase os días 27, 28 y 29 de xuño. Estímase un prezo de 375€ en habitación dobre e 425€ en habitación individual (425 € e 475 € respectivamente para non socios). O alonxamento será no hotel Don Paco (***) en Llanes, en réxime de alonxamento e almorzo. O prezo inclúe a viaxe; as comidas de sábado e domingo, e as entradas a todas as visitas.

Programa da viaxe

Venres 27: Saída ás 15 horas en autobús desde o Aquarium Finisterrae con destino a Llanes. Parada en ruta e chegada aproximada ao hotel ás 21 horas. Acomodación e cea libre.

Sábado 28: Almorzo no hotel e traslado para realizar unha visita guiada á cova de El Soplao. A continuación retornamos a Llanes para xantar. Rematado o xantar partimos cara a cova de Tito Bustillo, en Ribadesella. A visita farase en dous turnos debido ás restricciones de acceso. Mentres tanto pódese visitar libremente o Centro de Arte Rupestre. Rematadas as visitas, retornamos a Llanes. Cea libre.

Domingo 29: Almorzamos no hotel e partimos cara ao Museo del Jurásico de Asturias (MUJA). Rematada a visita, iremos xantar, xa no camiño de volta. Seguiremos o camiño e pararemos en Luarca para facer unha visita guiada ao Parque da Vida. Continuamos e, tras unha parada técnica, chegaremos ao Aquarium Finisterrae sobre as 21 horas.

Agardamos que esta actividade sexa do voso interese.

Se queres máis información sobre algún destes eventos non dubides en poñerte en contacto con nós
Coa colaboración de:
Asociación de Amigos
da Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarita s/n
15005 A Coruña
Telf. 981 189 846
Máis información
Súmate ao noso boletín de novidades e mantente ao día das actividades que organizamos
Subscribirme
Política de privacidade