A Asociación organiza un paseo guiado por Carlos Franco dende a praia de Soesto á lagoa de Traba o sábado día 31 de maio. O Espazo Natural de Traba está formado por unha praia de case 2 quilómetros de largo, estendida entre a Punta de Arnado e a Punta de Traba, un cordón dunar e unha lagoa natural, cunha flora rica e variada.
O enorme interese medioambiental deste conxunto foi recoñecido ao ser declarado Espazo Natural Protexido da Lagoa e Dunas de Traba. Ademáis está dentro da Rede Natura 2000, e foi tamén recoñecido como Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA) e Lugar de Interese Comunitario (LIC).
Pero, se por algo destaca realmente este espazo é pola grande cantidade de visitas que realizan á lagoa aves pouco frecuentes por esta zona, convertindo o lugar, coa su presenza, nunha auténtica reserva ornitolóxica, polo que se recomenda levar prismáticos e cámara fotográfica.
10.30h Punto de encontro no merendeiro da praria de Soesto (43°12’48.4″N 9°01’11.1″W), onde deixaremos os coches. 10:40h Comeza a ruta guiada.
14:00h Paramos a comer na área recreativa da lagoa de Traba. Cada un deberá levar a súa comida e auga.
17:00h Finaliza a ruta, de volta nos coches ou á praia, ti decides, non esquezas o traxe de baño. (A hora é aproximada)
✓Distancia: 12,5 quilómetros
✓Dificultade técnica: fácil
✓Ruta: circular
• Para desfrutar ao máximo desta actividade é recomendable comprobar a previsión meteorolóxica e levar roupa axeitada, calzado cómodo antideslizante, comida e auga.
• Debido ás características da zona, a ruta non se realizará con mal tempo, polo que é necesario estar atentos ao móbil o día anterior por unha posible cancelación.
Inscríbete mediante chamada ou mensaxe ao teléfono 606 281 744, indicando nome ou nomes dos asistentes ás actividades e un teléfono de contacto.
Gustaríanos contar co voso interese e, sobre todo, coa vosa participación.