O domingo 08 de outubro de 2023 realizaremos un paseo guiado con Carlos Franco Aradas pola península de Corrubedo, no parque natural e nas zonas colindantes .
O Parque Natural de Corrubedo (integrado na Rede Natura 2000) e lagunas de Carregal e Vixán é un excelente exemplo de complexo barra-laguna litoral en Galicia. Conta cun extenso sistema dunar de grande valor natural e paisaxístico e alberga moitos tipos de hábitats nun espazo relativamente reducido. Abarca 996 ha, sendo o quinto en extensión dos seis parques naturais galegos. Foi o segundo de Galicia, declarado o 15/06/1992.
Programa do día
11:30 .- Lugar de encontro: AC-303, 6-14, Corrubedo, A Coruña
Coordenadas: 42.576100, -9.070896 https://maps.app.goo.gl/WudENkoYrTR5kuH6A
Daremos un paseo por parte do parque natural da península de Corrubedo
Visita ao centro de interpretación, Praia do Vilar e arredores. Cada un levará a súa comida e bebida.
A mediodía volvemos aos coches, polo que non é necesario cargar coa comida.
18.00 .- Finaliza a ruta.
Distancia da ruta 7 km. Dificultade baixa. Recoméndase levar auga, comida, calzado antideslizante e roupa apropiada para o monte e a choiva.
Para inscrición, chama ou envía unha mensaxe a Manuela Méndez ao 606 281 744.
Gustaríanos contar co voso interese e, sobre todo, coa vosa participación.