Despois de moitos intentos sen éxito debido á meteoroloxía, conseguimos un oco na axenda do noso querido astrónomo Borja Tosar para facer unha observación este sábado día 5 de abril. Esta vez a cita é preto da Coruña, iremos á Zapateira para realizar a observación da lúa crecente e tamén estarán visibles Marte e Xúpiter que a través do telescopio Celestron 11 de Borja veranse marabillosos. E todo isto mentres Borja explica de forma moi amena e para todos os públicos cousas moit interesantes sobre o ceo nocturno; non é necesario ter ningún coñecemento previo. Anímate a achegarte á astronomía.
22:00h Punto de encontro na Zapateira. Será enviado por mensaxe aos asistentes. Duración aproximada 2 horas.
Requerido para a observación:
• Vinde moi abrigados, gorro, luvas, calcetíns gordos, botas con sola canto mais gorda, mellor.
• Se tes prismáticos ou telescopio podes traelo, se non sabes montalo, tamén.
• Podes traer unha hamaca de praia para mirar as estrelas, que flipas o ben que se está.
• Chocolate quente, café, te, galletas e piscolabis sempre se agradecen despois dun rato de observación.
• Se traes linterna hai que poñer celofán vermello diante para non molestar.
• Como a observación depende de que o ceo esté despexado confirmarase ou cancelarase a observación unhas horas antes, polo que é necesario estar atentos ao móbil o día da quedada.
Inscrición mediante chamada ou mensaxe ao teléfono 606 281 744, indicando nome ou nomes dos asistentes á actividade e un teléfono de contacto. Como sempre, para apuntarse á actividade teñen preferencia os socios, pero se o xoves non se cubriron as plazas abrirase ao público en xeral.