O domingo 17 de outubro faremos unha saída ás Fragas do Eume para realizar unha observación na natureza. Trátase dunha ruta circular de aproximadamente 3 km por carreiro e 4 km por pista. É unha actividade pensada para público familiar con menores a partir de seis anos.
O programa do día é o seguinte:
Necesidades
Calzado de sendeirismo e roupa impermeable. Quen queira quedar a comer ao finalizar debe levar comida de picnic.
Como apuntarse
É preciso inscribirse neste formulario e recibir un correo electrónico de confirmación para saber que contas con praza. Temos 35 prazas que se cubrirán por orde de inscrición no formulario.