O venres 12 de novembro, se as nubes nolo permiten, propoñémosvos participar nunha observación astronómica na zona de Guitiriz. O obxectivo é fomentar a observación e apreciación do ceo nocturno e poder falar sobre astronomía en xeral.
É unha actividade gratuíta, pensada para público familiar con menores a partires dos 6 anos, polo que lles daremos prioridade; se finalmente quedan prazas libres, cubriranse co resto de solicitudes por orde de inscrición no formulario.
O programa é o seguinte:
Requirimentos:
— Roupa de abrigo (ambiente moi húmido), calzado de sendeirismo, gorro e luvas.
— Aconsellable: bebida quente e lanterna cuberta con celofán vermello (para que non interfira na observación).
— Quen queira pode levar prismáticos ou telescopio.
Como apuntarse:
É preciso inscribirse neste formulario que estará dispoñible dende o venres 5 ás 10.00 horas para os asociados. Temos 20 prazas que se cubrirán por orde de inscrición no formulario. Se contas con praza, o luns 8 recibirás un correo electrónico de confirmación. A partires do día 9 a inscrición seguirá aberta para todo o público, sexan ou non asociados, ata o xoves 11.
En caso de anulación por climatoloxía adversa, avisarase 2 horas antes (mensaxe de Whatsapp ao teléfono móbil indicado no formulario).