Observación astronómica en Guitiriz

Venres 2 e sábado 3 de febreiro organizamos unha observación astronómica baixo o ceo de Guitiriz

O programa é o seguinte para os dous días:

20.00h reunirémonos no parking da área de servizo de Guitiriz dirección Lugo-Madrid, https://goo.gl/maps/RTThB5yb3J8tDSDLA

20.10h. subiremos ata o Mirador do Cordal, que ten un ceo espectacular. https://goo.gl/maps/WXsSvP3Zrj5rkCpc8

Alí poderemos recoñecer as principais constelacións e observaremos por telescopio os aneis de Saturno, as lúas de Xúpiter e algún obxecto de ceo profundo, como a nebulosa de Andrómeda ou o dobre cúmulo de Perseo.

Requerido para a observación:

• Inscribirse chamando a Manuela Méndez ao teléfono 606 281 744, indicando nome ou nomes dos asistentes á actividade e un teléfono de contacto.

• Vinde moi abrigados, gorro, luvas, calcetíns gordos, botas con suela canto máis gorda, mellor.

• Se tedes prismáticos ou telescopio podes traelo.

• Podes traer unha hamaca de praria para mirar as estrelas, que flipas o ben que se está.

• Chocolate quente, café, te, bolachas e piscolabis sempre se agradecen despois dun rato de observación.

• Se traes linterna hai que poñer celofán vermello diante para non molestar.

• Como a observación depende de que o ceo estea despexado confirmarase ou cancelarase a observación unhas horas antes, polo que é necesario estar atentos ao móbil o día da quedada.

Se queres máis información sobre algún destes eventos non dubides en poñerte en contacto con nós
Coa colaboración de:
Asociación de Amigos
da Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarita s/n
15005 A Coruña
Telf. 981 189 846
Máis información
Súmate ao noso boletín de novidades e mantente ao día das actividades que organizamos
Subscribirme
Política de privacidade