O sábado 12 de febreiro, se as nubes nolo permiten, propoñémosvos participar nunha observación astronómica na zona de Guitiriz. O obxectivo é fomentar a observación e apreciación do ceo nocturno e poder falar sobre astronomía en xeral.
É unha actividade gratuíta, pensada para público familiar con menores a partires dos 6 anos, polo que lles daremos prioridade; se finalmente quedan prazas libres, cubriranse co resto de solicitudes por orde de inscrición no formulario.
O programa é o seguinte:
Requerimentos:
— Roupa de abrigo (ambiente moi húmido), calzado de sendeirismo, gorro e luvas.
— Aconsellable: bebida quente e lanterna cuberta con celofán vermello (para que non interfira na observación).
— Quen queira pode levar prismáticos ou telescopio.
Como apuntarse
É necesario inscribirse neste formulario que estará dispoñible dende o venres 4 ás 10.00 horas para os asociados.
Temos 20 prazas que se cubrirán por orden de inscripción no formulario. Se contas con praza, o luns 7 recibirás un correo electrónico de confirmación. A partires do día 8, a inscrición seguirá aberta para todo o público, sexan ou non asociados, ata o venres 11.
En caso de anulación por climatoloxía adversa avisarase 2 horas antes (mensaxe de Whatsapp ao teléfono móbil indicado no formulario), aplazándose ao seguinte sábado, 19 de febreiro.