Observación astronómica novembro 2022

O sábado 12 de novembro, se as nubes nolo permiten, propoñémosvos participar nunha observación astronómica. O programa é o seguinte:

  • 19.00 h. Reunirémonos no aparcadoiro da área de servizo de Guitiriz dirección Lugo-Madrid.
  • 19.10 h. Subiremos ata o Mirador do Cordal, que ten un ceo espectacular. Dende alí poderemos recoñecer as principais constelacións e observaremos por telescopio a Lúa, os aneis de Saturno, as lúas de Xúpiter e algún obxecto de ceo profundo, como a nebulosa de Andrómeda ou o dobre cúmulo de Perseo.

Requerido para a observación:

• Inscribirse chamando a Manuela Méndez ao teléfono 606 281 744, indicando nome ou nomes dos asistentes á actividade e un teléfono de contacto.

• Vide moi abrigados: gorro, luvas, calcetíns gordos, botas con suela canto máis gruesa, mellor.

• Se tes prismáticos ou telescopio podes traelo, se non sabes montalo, botámoste un cable.

• Podes traer unha tumbona de praia para mirar as estrelas, que flipas o ben que se está, mellor con manta.

• Chocolate quente, café, té, galletas e piscolabis sempre se agradecen despois dun rato de observación.

• Se traes linterna (non vai facer falta, que hai Lúa) hai que poñerlle celofán vermello diante para non molestar.

Como a observación depende de que o ceo estea despexado se confirmará ou cancelará a observación unhas horas antes, polo que é necesario estar atentos ao móbil o día da quedada.

É unha actividade gratuíta e para todos os socios.

Se queres máis información sobre algún destes eventos non dubides en poñerte en contacto con nós
Coa colaboración de:
Asociación de Amigos
da Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarita s/n
15005 A Coruña
Telf. 981 189 846
Máis información
Súmate ao noso boletín de novidades e mantente ao día das actividades que organizamos
Subscribirme
Política de privacidade