Ecosistemas litorais 2022

O domingo 15 de maio, se o tempo o permite, propoñémosvos participar nunha saída á natureza na zona de Perbes. O propósito desta actividade é divulgar o noso patrimonio natural, nesta ocasión mariño, a tavés dun achegamento ao litoral, que é a súa rexión máis próxima.

Para iso, elexiuse para a visita un roquedo intermareal, que pola súa proximidade resúltanos máis familiar. A través do percorrido preténdese que os participantes podan iniciarse no coñecemento da biodiversidade deste ecosistema, ademáis das singularidades da fauna e flora que a compoñen, e tamén das relacións que se desenvolven entre os seus diferentes compoñentes e o medio ambiente.

É unha actividade gratuíta, pensada para todos os públicos; as 20 prazas dispoñibles cubriranse por orden de inscrición no formulario.

O programa é o seguinte:

Requirimentos

– Aconsellable, pero non imprescindible: botas de goma de caña ata o nocello e de bo agarre.

Como apuntarse

É necesario inscribirse neste formulario que estará dispoñible desde o venres 6 ás 10.00 horas para os asociados.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdjCOq2-oVvviJUS4CqisbDeRHgGvAsQji_WEMACTR0jEHFVg/viewform 

Temos 20 prazas que se cubrirán por orden de inscrición no formulario. Se contas con praza, o luns 9 recibirás un correo electrónico de confirmación. A partir do día 10 a inscrición seguirá aberta para todo o público, sexan ou non asociados, ata o venres 13.

Se queres máis información sobre algún destes eventos non dubides en poñerte en contacto con nós
Coa colaboración de:
Asociación de Amigos
da Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarita s/n
15005 A Coruña
Telf. 981 189 846
Máis información
Súmate ao noso boletín de novidades e mantente ao día das actividades que organizamos
Subscribirme
Política de privacidade