«Durmindo con tiburóns» para persoas socias da AACC

A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias (AACC) organiza en colaboración co Aquarium Finisterrae unha sesión da actividade «Durmindo con tiburóns» reservada exclusivamente para persoas socias da AACC, que terá lugar na noite do 19 ao 20 de decembro.

Nesta actividade realizaranse talleres sobre a bioloxía dos tiburóns e os participantes durmirán na sala Nautilus do Aquarium Finisterrae rodeados de peces. A actividade está dirixida a nenos e nenas nacidos entre o 1 de xaneiro de 2012 e o 31 de decembro de 2015 (de 10 a 13 anos); nesta ocasión ademais poderán inscribirse tamén irmáns/irmás menores, de entre 8 e 9 anos, sempre que acompañen ao participante de maior idade.

Convócanse un máximo de 20 prazas, e a actividade desenvolverase nun horario que vai desde as 20 horas do venres 19 ata as 11 horas do sábado 20 de decembro. A preinscrición abrirase en liña ás 9:00 horas do venres 5 de decembro neste formulario.

O prezo da actividade é de 20 euros. Cada participante empregará o seu saco de durmir, esteira e neceser para o aseo persoal, e deberá levar a súa propia comida (cea e almorzo) e utensilios.

>> Para consultar dúbidas pódese contactar con Manuela Méndez no 606 281 744.

Se queres máis información sobre algún destes eventos non dubides en poñerte en contacto con nós
Coa colaboración de:
Asociación de Amigos
da Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarita s/n
15005 A Coruña
Telf. 981 189 846
Máis información
Súmate ao noso boletín de novidades e mantente ao día das actividades que organizamos
Subscribirme
Política de privacidade