‘Durmindo con tiburóns’ no Aquarium Finisterrae

A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias organiza, en colaboración co Aquarium Finisterrae, ‘Durmindo con tiburóns’, unha actividade para nenos e nenas de entre 10 e 12 anos na que realizarán obradoiros sobre a bioloxía dos tiburóns e durmirán na sala Nautilus do Aquarium Finisterrae rodeados de peixes.

Convocaranse dúas sesións para os meses de outubro e novembro dirixidas a nenos e nenas nacidos entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de decembro de 2015. En cada sesión convocaranse un máximo de 20 prazas, e desenvolverase nun horario que vai desde as 20 horas do venres ata as 11 horas do sábado seguinte.

A preinscrición para as dúas sesións, que terán lugar nas noites do 24 ao 25 de outubro e do 28 ao 29 de novembro, abrirase en liña ás 9:00 horas do luns 6 de outubro neste formulario: forms.gle/7ugfTtapzfmbmsxH9. Terán preferencia os nenos e nenas que non acudiran con anterioridade á actividade.

O prezo da actividade é de 45 euros. Para os nenos e nenas membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias o prezo é de 20 euros.

Cada participante empregará o seu saco de durmir, esteira e neceser para o aseo persoal, e deberá levar a súa propia comida e utensilios.

Haberá unha convocatoria extraordinaria so para socios, que se celebrará a noite do 19 ao 20 de decembro. Próximamente enviarémosvos as bases para esa convocatoria.

Se queres máis información sobre algún destes eventos non dubides en poñerte en contacto con nós
Coa colaboración de:
Asociación de Amigos
da Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarita s/n
15005 A Coruña
Telf. 981 189 846
Máis información
Súmate ao noso boletín de novidades e mantente ao día das actividades que organizamos
Subscribirme
Política de privacidade