A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias organiza, en colaboración co Aquarium Finisterrae, «Durmindo con tiburóns», unha actividade para nenos e nenas de entre 10 e 12 anos na que realizarán talleres sobre a bioloxía dos tiburóns e durmirán na sala Nautilus do Aquarium Finisterrae rodeados de peces.
Convocaranse dúas sesións para os meses de marzo e abril dirixidas a nenos e nenas nacidos entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de decembro de 2015. En cada sesión convocaranse un máximo de 20 prazas, e desenvolveranse nun horario que vai desde as 20 horas do venres ata as 11 horas do sábado seguinte.
A preinscrición para as dúas sesións, que terán lugar nas noites de 27 ao 28 de marzo e do 24 ao 25 de abril, abriranse en liña ás 9:00 horas do luns 2 de marzo neste formulario. Terán preferencia os nenos e nenas que non acudiron con anterioridade á actividade.
O prezo da actividade é de 45 euros. Para os nenos e nenas membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias o prezo é de 20 euros.
Cada participante empregará o seu saco de durmir, esterilla e neceser para o aseo persoal, e deberá levar a súa propia comida e utensilios.


