O xoves 18 de maio celébrase, como cada ano, o Día Internacional dos Museos; o MUNCYT organiza actividades especiais, e reservou algunhas prazas e durante uns días para membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.
Son actividades gratuítas, pensadas para todos os públicos; as 15 plazas dispoñibles para a asociación en cada unha das actividades programadas serán cubertas por orden de inscrición no formulario.
A opcións son as seguintes:
Como apuntarse
É necesario inscribirse neste formulario que estará dispoñible desde o xoves 11 ás 10.00 horas para as persoas asociadas, ata o domingo 14:
https://forms.gle/uh47Be8vWfnmMga46
Dispoñemos de 15 prazas en cada unha das actividades que se cubrirán por orde de inscrición no formulario. Se contas con praza, entre o venres 12 e o luns 15 recibirás un correo electrónico de confirmación.