O sábado 27 de setembro imos visitar O Courel, a Devesa da Rogueira. É un dos bosques máis diversos da Península Ibérica e está moi ben conservado. Atópase dentro da Reserva da Biosfera e Xeoparque Mundial da Unesco Montañas do Courel. Alí faremos unha ruta circular cunha dificultade media-alta polo desnivel. O noso guía será, unha vez máis, Carlos Fanco Aradas, que compartirá con nós alguns dos seus innumerables coñecementos sobre a zona, flora, fauna, costumes etc.
O programa é o seguinte:
10.00h Punto de encontro en Seoane do Courel. Comenza o percorrido.
Distancia aproximada: 13 Km.
Duración aproximada: 8 horas. (Incluíndo as paradas)
Dificultade: Media – Alta
14:00h Parada para xantar. Trae a túa comida e bebida.
18:00h Remata o percorrido.
Recomendacións
• É aconsellable levar roupa e calzado axeitados para andar pola montaña.
• Faremos unha parada para xantar durante a ruta, trae comida e bebida.
Inscrición mediante mensaxe ao teléfono 606 281 744, indicando nome ou nomes dos asistentes ás actividades e un teléfono de contacto.
Gustaríanos contar co voso interese e, sobre todo, coa vosa participación.


