O Aquarium Finisterrae reservou para as persoas asociadas da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias a actividade de «Aventura coas focas» os días 1 e 2 de abril (sábado e domingo).
As prazas dispoñibles son 10 en cada un dos días.
É un obradoiro de divulgación científica coas focas do Aquarium Finisterrae. Ademais dunha charla breve de presentación, haberá unha visita á cociña do Acuario, onde se preparan os alimentos e dende alí accederase ás plataformas exteriores onde se alimentan estes mamíferos mariños.
PROGRAMA
CONDICIÓNS
– Só para maiores de 7 anos (a idade dos menores acreditarase na recepción do acuario co DNI ou con fotografía do libro de familia, onde figure o nome do menor e a data de nacemento).
– Todos os participantes (adultos e acompañantes) deberán presentar o carné da asociación para acceder á actividade.
– Os nenos e nenas deberán ir acompañados durante toda a actividade por unha persoa adulta que levará un máximo de dous menores.
– Recoméndase calzado con sola de goma e roupa axeitada para o acceso ás plataformas situadas nas piscinas exteriores do acuario.
Como apuntarse
É necesario inscribirse pinchando neste formulario, que estará dispoñible dende o sábado 25 ás 10.00 horas. Actividade unicamente para persoas asociadas.
Dispoñemos de 10 prazas en cada un dos días que serán cubertas por orde de inscrición no formulario. Se tes praza, recibirás un correo electrónico de confirmación.
En caso de condicións meteorolóxicas adversas, a actividade poderá ser cancelada. Para confirmar esta condición chamar ao 981 18 98 42.