AXENDA Para estar ao día dos eventos científicos de A Coruña

Visita á Torre de Hércules
Visita á Torre de Hércules

A Torre de Hércules é o único faro en funcionamento dende as súas orixes na época romana ata a actualidade. Foi declarado patrimonio da humanidade pola UNESCO no ano 2009. Pasamos a carón dela case a diario, pero cando foi a última vez que entraches? Propoñémosche unha visita guiada para redescubrir a Torre de Hércules. Unha oportunidade ideal para contemplar o noso faro desde outra perspectiva, descubrir anécdotas que non che contaran e gozar das mellores vistas da nosa costa.

11.45h Reunirémonos na base da Torre de Hércules.
Comezaremos a visita guiada por Marina pola zona das excavacións arqueolóxicas realizadas nos anos 90 que puxeron o descuberto os cimentos romanos do faro e dende alí accederemos ao interior da torre donde nos irán respondendo as preguntas segúndo as nosas inquietudes.
13.00h Visitaremos o CIAV (centro de interpretación e de atención de visitantes).
13.30h Finaliza a visita.

• A puntualidade é moi importante. Ten en conta que a Torre funciona por quendas horarias fixas.
• Se ves en coche ten en conta que os sábados é dificil aparcar na contorna.
• En aplicación do Plan de Autoprotección, non se permite a saída á terraza con ventos de forza 6.
• Con ventos de forza 7 o monumento pecha completamente ao público. Neste último caso caso avisaremos, pero ten en conta que as alertas meteorolóxicas normalmente actívanse con poucaantelación.

Inscrición mediante mensaxe ou whatsapp ao teléfono 606 281 744,indicando nome ou nomes dos asistentes ás actividades e un teléfono de contacto.
Gustaríanos contar co voso interés e, sobre todo, coa vosa participación.


Visita á Refinería de Repsol
Visita á Refinería de Repsol

COMPLEXO INDUSTRIAL DE REPSOL NA CORUÑA. A REFINERÍA

Mércores 3 de xuño.

Resumen das características da visita para maiores de 18 anos:

• O horario será de 10:30 a 13:30 horas.
• O contido da visita comenzará con unha introdución sobre a historia, transformación industrial e plans de futuro do complexo.
• A continuación, un técnico especializado explicará os productos que fabrican e como se leva a cabo o proceso produtivo.
• Con todos os conceptos a explicados o mismo técnico realiza unha ruta en autobús pola planta industrial.
• A jornada remata con un aperitivo e a resolución de dúbidas ou preguntas.

Os teléfonos móbiles serán recollidos na entrada e quedan gardados baixo chave que terá o responsable do grupo.

Inscrición mediante mensaxe ou whatsapp ao teléfono 606 281 744, indicando nome ou nome dos asistentes á actividade e un teléfono de contacto.


Visita ao FatLab da ETSAC
Visita ao FatLab da ETSAC

O Laboratorio de Fabricación Dixital da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña forma parte da MIT FABLAB Global Network. Nesta visita acompañaranos o profesor e coordinador José Antonio Vázquez Rodríguez quen mostrará as súas instalacións e daranos unha breve explicación do seu funcionamento e métodos de traballo.

Activos dende 2014, no ano 2024 integrouse na rede internacional de FabLabs, unha rede global estruturada dende o Center for Bits & Atoms do MIT. Dende ese momento, creceu tanto en equipamento como na formación de estudantes e profesores das escolas técnicas da Universidade da Coruña. Imparten cursos de deseño paramétrico e fabricación dixital, e tamén participan na docencia de diversas materias dos programas de grao en Arquitectura. Estas materias abarcan áreas como Expresión Gráfica, Composición, Urbanismo, Proxectos de Deseño, Construción e Estruturas Arquitectónicas. Ademáis, colaboran estreitamente cos programas de máster da Universidad en Arquitectura, Rehabilitación Arquitectónica e no Máster BIM, un programa especializado que se imparte na Escola Técnica de Arquitectura. Tamén realizan colaboracións en investigación yeparticipación en eventos.

10.50h Punto de encontro na cafetería da planta baixa, (43°19’39.2”N 8°24’33.0″W) pódese acceder dende o exterior na parte traseira do edificio

11:00h Comeza a visita guiada con Pepe Vázquez

13:00h Finaliza a visita. (A hora é aproximada)

Inscrición mediante mensaxe ou whatsaap ao teléfono 606 281 744, indicando nome ou nomes dos asistentes ás actividades e un teléfono de contacto. Gustaríanos contar co voso interese e, sobre todo, coa vosa participación.


Día da Ciencia na Rúa 2026
Día da Ciencia na Rúa 2026

O Día da Ciencia na Rúa cumpre 30 edicións e, nesta ocasión, debido ás obras de remodelación que se están realizando no Parque de Santa Margarita, a actividade trasládase aos xardíns de Méndez Núñez, con 54 jaimas nas que alumnado, profesorado e persoal de centros educativos, institucións científicas e centros universitarios despregarán o seu programa de actividades para todos os públicos.

Ademais, nos soportais da Casa das Ciencias desenvolveranse tamén actividades paralelas ofrecidas pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, a Asociación Galega de Xadrecistas-AGAX, Bricolabs, Incude (Iniciativas Culturales e Deportivas universitarias), e un taller de papiroflexia.

Nesta edición participarán 44 centros educativos da Coruña, Cambre, Carral, Arteixo, Culleredo, Coristanco, Oleiros, Ordes, Ribadeo, Ortigueira, Baio e Poio. As numerosas propostas deste ano inclúen proxectos tecnolóxicos, como unha mano robótica feita con materiais caseiros, un robot, filtrador de plásticos para area, un sensor de humidade feito con transistores ou xoguetes eléctricos con materiais reciclados; tamén haberá actividades de extracción de ADN, experiencias para mostrar os efectos da choiva aceda sobre as pedras dos monumentos, reaccións químicas que parecen trucos de maxia e unha gran variedade de experiencias e xogos sobre bioloxía, botánica, física e outras disciplinas científicas. Nesta edición contarase tamén coa participación de escolares da Escola Infantil de Monte Alto, que levarán unha representación a gran escala do firmamento, para convidar aos máis pequenos a descubrir as estrelas, planetas e constelaciomes.

Xunto ao alumnado de todos os niveis educativos tamén participan profesionais da investigación e a divulgación, que presentarán un diverso programa de contidos científicos para toda a cidadanía nas jaimas da Cátedra Emalcsa-UDC co seu programa de divulgación COAWA, a Facultade de Ciencias da UDC, a Escola de Enxeñeiros de Camiños da Universidade dá Coruña, o Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA), o Centro de Investigación en TIC (CITIC), o Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC), a Unidade de Divulgación Científica e Cultural da UDC, o Centro Oceanográfico da Coruña, o Instituto de Investigacións Biomédicas da Coruña (INIBIC), o Servizo Municipal de Educación da Coruña e a asociación Luzada da USC

Ademais o palco dos Xardíns de Méndez Núñez será escenario da emisión de dous programas de radio, un deles a cargo do Colectivo de Universitarios Activos (CUAC FM), e dun espectáculo de monólogos científicos da man da Ciencia Calidade partir das 17.30 horas. Tamén se suma nesta edición a Unidade Móbil de Transfusión de Sangue, que se estará de 11 15 horas no Cantón Grande.

Xornada de portas abertas nos Museos Científicos

Os Museos Científicos Coruñeses celebran este día cunha xornada de portas abertas nos seus tres centros, a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae, en horario de 10 a 19 horas (último acceso ás 18 horas no Aquarium, ás 18.30 horas en casa das Ciencias e Domus).

A visita ás salas de exposición da Casa das Ciencias será libre, sen reserva previa, pero para asistir a unha sesión de Planetario hai que retirar invitacións, que estarán dispoñibles a partir das 9 horas do 8 de maio nesta ligazón.

A visita á Domus será libre, sen reserva previa, pero o acceso a MiniDomus, o novo espazo para nenos e nenas de ata 6 anos acompañados de polo menos unha persoa adulta, esixirá a realización dunha reserva previa que poderá facerse desde as 9 horas do 6 de maio nesta ligazón.

Para visitar o Aquarium Finisterrae será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse cun máximo de 3 días de antelación nesta ligazón,

Para facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva.

Organizado por , Museos Científicos Coruñeses-Concello da CoruñaAsociación de Amigos da Casa das Ciencias e Cátedra EMALCSA-UDC.


Viaxe ao románico da montaña palentina
Viaxe ao románico da montaña palentina

A viaxe longa da AACC deste ano ten como obxectivo realizar unha ruta para coñecer o marabilloso románico da montaña palentina, considerado como a concentración de monumentos románicos máis importante de Europa.

Datas: 3, 4 e 5 de xullo
Capacidade: 20 – 25 persoas
Prezo en habitación dobre: 400 € socios e 450 € no socios
Prezo habitación individual: 450 € socios e 500 € no socios
Preinscrición e consultas:
juan.rico@gmail.com. A preinscrición debe facerse antes o 30 de abril.

O aloxamento será no hotel Marqués de Aguilar (***) en Aguilar de Campoo, en réxime de aloxamento e almorzo. O prezo inclúe a viaxe, as comidas de venres, sábado e domingo e as entradas a todas as visitas. Todas elas serán guiadas por expertos en arte románica.

Programa da viaxe

  • Venres 3: saída ás 9 horas en autobús desde o Aquarium Finisterrae con destino a Aguilar de Campoo. Parada en ruta, comida e chegada aproximada ao hotel ás 16 horas. Acomodación e visita guiada á Capilla de Santa Cecilia e ao Monasterio de Santa María la Real. A continuación cea libre.
  • Sábado 4: almorzo no hotel e comezo da ruta do románico. Dirixímonos a Cervatos, para visitar a Colegiata de San Pedro, e seguimos a Revilla de Santullán e a Villanueva de la Torre. Comida en San Salvador de Cantamuda. Finalizada a comida, comezan as visitas na Iglesia de San Salvador, partindo logo cara Perazancas de Ojeda, onde visitaremos a Iglesia de la Asunción e a Ermita de San Pelayo. Retorno a Aguilar de Campoo. Cea libre.
  • Domingo 5: almorzo no hotel e partida cara a Valdehuesa, para facer unha visita guiada ao Museo de la Fauna Salvaje. Finalizada a visita, comida en Valdevimbre e, despois de comer, reemprendemos o camiño de volta. Tras unha parada técnica, chegada ao Aquarium Finisterrae ao redor das 20 horas.

Coñecendo Os Ancares
Coñecendo Os Ancares

O sábado 14 de marzo volvemos aos Ancares, concretamente ao Piornedo, no Concello de Cervantes. Dende alí realizaremos unha ruta ata O Mustallar (1924 m.). O noso guía será, unha vez máis, Carlos Franco Aradas, que compartirá con nós algúns dos seus coñecementos sobre a zona (o seu segundo fogar), flora, fauna, costumes, etc., no dubidedes en preguntarlle.

O programa é o seguinte:
10.30h Punto de encontro no parking de Hotel Piornedo.
10:40h Comeza o percorrido
Distancia aproximada: 13 Km.
Duración aproximada: 6 horas.
Dificultade: Baixa – Moi alta (segundo o tramo).
14:30h Parada para xantar. Trae a túa comida e bebida.
18:30h Rematado o percorrido visitaremos unha palloza típica do lugar.

Recomendacións:
• É aconsellable levar roupa e calzado axeitados para camiñar pola montaña nevada.
• Faremos unha parada para xantar durante a ruta, trae comida e bebida.
• Para a inscrición chama ou manda unha mensaxe ao teléfono 606 281 744, indicando nome ou nomes dos
asistentes á actividade e un teléfono de contacto.
• É aconsellable deixar o coche nas inmediacións do Hotel Piornedo

Datos de interés
“Cervantes se sitúa en la zona oriental de la provincia lucense, en plena Serra dos Ancares. Este conjunto montañoso actúa de límite natural con la provincia de León. Su abrupto relieve da carácter al territorio, con valles anidados, picos crestados, pendientes pronunciadas y encajonados cauces fluviales. Posee un clima oceánico de montaña, con inviernos largos y fríos y precipitaciones abundantes, a menudo en forma de nieve, y que se complementan con veranos cortos y frescos. En los Ancares se encuentran algunos de los ecosistemas de la alta montaña más interesante de Galicia, con extensos bosques eurosiberianos de gran valor ecológico. Respecto a la red fluvial, existen numerosos ríos y arroyos, afluentes del río Navia, que discurren por estas tierras. Desde el punto de vista faunístico, Os Ancares configura un ecosistema único: osos, ciervos, zorros, jabalíes, lobos, tejos, armiños, nutrias, liebres o conejos se pueden encontrar en los numerosos bosques y rincones del territorio. Entre las aves destacan el urogallo, el águila, los halcones, el búho, entre otros. En el año 1966, la vertiente lucense de la Serra dos Ancares fue declarada Reserva Nacional de Caza. La riqueza monumental de Cervantes es muy variada y abundante. Incluye numerosos ejemplos de arquitectura popular como hórreos, palomares o pallozas, restos arqueológicos como castros, arquitectura civil y militar ejemplificada en fortalezas, castillos o pazos y, sobre todo, las numerosas ermitas e iglesias que abundan en el término municipal y que incluso adquieren una tipología característica como iglesias de montaña”
Fuente: Concello de Cervantes.

Coa colaboración de:
Asociación de Amigos
da Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarita s/n
15005 A Coruña
Telf. 981 189 846
Máis información
Súmate ao noso boletín de novidades e mantente ao día das actividades que organizamos
Subscribirme
Política de privacidade